venres, 20 de novembro de 2020

GRAZAS POLA NATUREZA

En 3º estamos agradecidos de que Deus creara este mundo tan bonito e nolo regalara para que o coidemos e vivamos felices.

Podemos disfrutar da natureza de moitas maneiras; unha delas é creando obras de arte con elementos naturais como fixo esta compañeira e que comparte aquí con nós para que tamén nos sirva de inspiración.


GRACIAS POR COMPARTIR ESTA OBRA DE ARTE 😘

DEUS QUERE A NOSA FELICIDADE

En 4º EP aprendimos que Deus sempre nos acompaña, nos quere e nunca nos  deixa sós. 
Deus quere a nosa felicidade como amosa este debuxo dunha compañeira que é un bonito resume do aprendido na unidade.



A ÁRBORE MÁXICA de infantil

 O alumnado de educación infantil tamén aprendeu, hai xa algunhas semanas coa árbore máxica. Preséntovos os seus traballos coa visión que eles e elas teñen da árbore.




sábado, 14 de novembro de 2020

SEMENTA

Debuxo para colorar sobre o evanxeo (parábola dos talentos).

Para coñecer o texto podes buscalo en Mt 25, 14-30 ou leelo premendo NESTE ENLACE. 







venres, 6 de novembro de 2020

KIRIKÚ E A BRUXA

 O alumnado de 1º e 2º estivo vendo a película "Kirikú e a bruxa", un filme de animación dirixido por Michel Ocelot, e banda sonora de Youssou N´Dour. 
Destaca a plástica das imaxes, inspiradas na arte africana e na pintura naif europea.

   

A continuación vemos unha escena da película. Corresponde ó momento que Kirikú entra no "Gran Termitero" e se atopa, por fin, co seu avó.




domingo, 18 de outubro de 2020

O FORMIGUEIRO



 
Estes días aprendimos co conto do formigueiro que non debemos mentir ós demais. Debemos decir sempre a verdade, ás veces as mentiras poden facer dano ás persoas que queremos.

Tamén aprendemos que para que as cousas salgan ben é mellor se nos esforzamos e traballamos todas e todos xuntos como fan no formigueiro.







sábado, 10 de outubro de 2020

VALORÁMONOS

A ÁRBORE MÁXICA




 No colexio de O Pino os nenos e nenas de infantil e dos primeiros cursos de primaria descubrimos unha "Árbore máxica" moi especial. No seu interior agocha un grande segredo que ninguén pode ver e que so amosa a quen coñeza as palabras máxicas.




Velaí os debuxos que fixo o alumnado coa súa visión da árbore.

1º EP:



2º EP



xoves, 1 de outubro de 2020

BENVIDOS AO COLE

 Benvidos ó cole nenos e nenas.

Outro ano máis estaremos xuntos nesta nosa andaina pola clase de reli n´O Pino. 



luns, 8 de xuño de 2020

UN MESMO DEUS

Fíxate no debuxo de Fano sobre a Trinidade. 

Identifica a cada un dos personaxes. Con que os compara? 

O xeo tamén é auga? O vapor tamén é auga?