mércores, 29 de abril de 2020

GRACIAS POLAS MANS

CANCIÓN INFANTIL.
Hoxe quero compartir con vós unha canción que cantamos moito en infantil.
Damos as grazas polas mans porque con elas podemos dar caricias e apertas e , sobretodo, podemos axudar.
Coas nosas mans facemos cousas boas.


luns, 27 de abril de 2020

DEBUXA A XESÚS DE NAZARET

Queres facer un debuxo de Xesús e non sabes como? Aqui tes tres exemplos ben doados de facer.
Elixe o que máis che goste e... ánimo artista!


venres, 24 de abril de 2020

O MILAGRE DE COMPARTIR

Imprime e dalle color o debuxo do milagre dos pans e os peixes.

Podes colorar como a ti máis che guste.



A GRAN COMIDA.

Le como Xesús deu de comer a unha grande multitude de xente. Sabes por qué?
Porque fixo o milagre de COMPARTIR.







Fonte do texto: A túa primeira Biblia. Ed Rodeira.

domingo, 19 de abril de 2020

ENCONTRO NO CAMIÑO DE EMAÚS

O domingo, dous discípulos de Xesús dirixíanse a unha aldea chamada Emaús, que estaba a once quilómetros de Xerusalén. Ían falando polo camiño, cando se acercou un viaxeiro a camiñar con eles.


APARICIÓN A TOMÉ

Evanxeo do domingo 2º de Pascoa, ciclo A.
Debuxo para colorar da aparición de Xesús ós discípulos (Xn 20, 19,31).



venres, 3 de abril de 2020

HISTORIA DA SEMANA SANTA

Neste video imos coñecer a última semana de Xesús na terra, que é o que recordamos na Semana Santa.