luns, 30 de marzo de 2020

A ARCA DE NOÉ

Neste video podedes ver a historia de Noé, que tivo que quedar na arca sen poder saír. Sabedes canto tempo? Corenta días? Non, non.
Corenta foron os días e as noites que durou o diluvio. 


martes, 24 de marzo de 2020

luns, 23 de marzo de 2020

AMABILIDADE CONTAXIOSA

Un pequeno xesto de amabilidade de cada un de nós convírtese nunha cadea capaz de cambiar o mundo e facer del un lugar mellor para vivir. 


DANIEL E AS PALABRAS MÁXICAS

Este conto apréndenos a importancia da amabilidade para ter boas relacións cos demais e ser máis felices.



domingo, 22 de marzo de 2020

A PONTE

Catro animais queren cruzar a ponte pero ...



SER AMABLE



Os cristiáns seguimos o exemplo de Xesús. Nas súas ensinanzas aprendemos, por exemplo, como comportarnos cos demais. 

A amabilidade contribúe ó benestar propio e alleo e fainos sentir queridos e queridas.

Ser amable é:
  • SAUDAR as persoas coas que me encontro.
  • MIRAR AOS OLLOS cando nos dicimos algo.
  • ESCOITAR cando me falan.
  • AXUDAR a quen o necesita.

Acceder á proposta de actividades neste enlace

sábado, 21 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA

En clase aprendimos que os cristiáns AXUDAMOS como facía Xesús. En esta ocasión todos podemos axudar para loitar contra o coronavirus QUEDANDO NA CASA e poñéndonos nas mans de Deus.
Para animarnos imos colorar este debuxo de Fano.
Podedes facelo como o orixinal ou coloralo como a vos máis vos guste.
Ánimo.


RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS


Neste tempo de suspensión de clases quero recomendarvos en primeiro lugar que aproveitedes o tempo que estades xuntos e vos manteñades positivos e animados porque todo vai ir ben.
Ó longo da semana irei propoñendo actividades e recursos para traballar dende a casa a materia de relixión.


Para empezar suxiro unha app para descargar na tableta ou no móbil con actividades moi sinxelas (recomendada ata 8 anos):



Outra suxerencia de actividades para facer no ordenador e para todas as idades a atoparedes no seguinte enlace:

Contén actividades da Biblia con diferente nivel de dificultade. Os máis pequenos poden facer as actividades de colorear ou a busca de erros.