Amosando publicacións coa etiqueta Valores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valores. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de novembro de 2020

A ÁRBORE MÁXICA de infantil

 O alumnado de educación infantil tamén aprendeu, hai xa algunhas semanas coa árbore máxica. Preséntovos os seus traballos coa visión que eles e elas teñen da árbore.




venres, 6 de novembro de 2020

KIRIKÚ E A BRUXA

 O alumnado de 1º e 2º estivo vendo a película "Kirikú e a bruxa", un filme de animación dirixido por Michel Ocelot, e banda sonora de Youssou N´Dour. 
Destaca a plástica das imaxes, inspiradas na arte africana e na pintura naif europea.

   

A continuación vemos unha escena da película. Corresponde ó momento que Kirikú entra no "Gran Termitero" e se atopa, por fin, co seu avó.




domingo, 18 de outubro de 2020

O FORMIGUEIRO



 
Estes días aprendimos co conto do formigueiro que non debemos mentir ós demais. Debemos decir sempre a verdade, ás veces as mentiras poden facer dano ás persoas que queremos.

Tamén aprendemos que para que as cousas salgan ben é mellor se nos esforzamos e traballamos todas e todos xuntos como fan no formigueiro.







sábado, 10 de outubro de 2020

VALORÁMONOS

A ÁRBORE MÁXICA




 No colexio de O Pino os nenos e nenas de infantil e dos primeiros cursos de primaria descubrimos unha "Árbore máxica" moi especial. No seu interior agocha un grande segredo que ninguén pode ver e que so amosa a quen coñeza as palabras máxicas.




Velaí os debuxos que fixo o alumnado coa súa visión da árbore.

1º EP:



2º EP



luns, 23 de marzo de 2020

AMABILIDADE CONTAXIOSA

Un pequeno xesto de amabilidade de cada un de nós convírtese nunha cadea capaz de cambiar o mundo e facer del un lugar mellor para vivir. 


DANIEL E AS PALABRAS MÁXICAS

Este conto apréndenos a importancia da amabilidade para ter boas relacións cos demais e ser máis felices.



domingo, 22 de marzo de 2020

A PONTE

Catro animais queren cruzar a ponte pero ...



SER AMABLE



Os cristiáns seguimos o exemplo de Xesús. Nas súas ensinanzas aprendemos, por exemplo, como comportarnos cos demais. 

A amabilidade contribúe ó benestar propio e alleo e fainos sentir queridos e queridas.

Ser amable é:
  • SAUDAR as persoas coas que me encontro.
  • MIRAR AOS OLLOS cando nos dicimos algo.
  • ESCOITAR cando me falan.
  • AXUDAR a quen o necesita.

Acceder á proposta de actividades neste enlace