venres, 20 de novembro de 2020

O ÉXODO (Ernest Descals)

 

O alumnado de 4º contemplamos a obra O Éxodo pintada por Ernest Descals. 

Observamos o cadro para descubrir que escena do Éxodo representa. Fixámonos na cor que utiliza o autor e sobretodo fixámonos nas liñas que debuxan os personaxes, que son moi esquemáticas. Vemos que con poucos trazos o pintor é capaz de representar unha morea de figuras humanas.

Nós tamén intentamos representar unha escena debuxando figuras sinxelas. Aquí vos deixo dúas mostras do traballo realizado.





Ningún comentario:

Publicar un comentario