Amosando publicacións coa etiqueta Curso 20-21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 20-21. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de novembro de 2020

O ÉXODO (Ernest Descals)

 

O alumnado de 4º contemplamos a obra O Éxodo pintada por Ernest Descals. 

Observamos o cadro para descubrir que escena do Éxodo representa. Fixámonos na cor que utiliza o autor e sobretodo fixámonos nas liñas que debuxan os personaxes, que son moi esquemáticas. Vemos que con poucos trazos o pintor é capaz de representar unha morea de figuras humanas.

Nós tamén intentamos representar unha escena debuxando figuras sinxelas. Aquí vos deixo dúas mostras do traballo realizado.





GRAZAS POLA NATUREZA

En 3º estamos agradecidos de que Deus creara este mundo tan bonito e nolo regalara para que o coidemos e vivamos felices.

Podemos disfrutar da natureza de moitas maneiras; unha delas é creando obras de arte con elementos naturais como fixo esta compañeira e que comparte aquí con nós para que tamén nos sirva de inspiración.


GRACIAS POR COMPARTIR ESTA OBRA DE ARTE 😘

DEUS QUERE A NOSA FELICIDADE

En 4º EP aprendimos que Deus sempre nos acompaña, nos quere e nunca nos  deixa sós. 
Deus quere a nosa felicidade como amosa este debuxo dunha compañeira que é un bonito resume do aprendido na unidade.



A ÁRBORE MÁXICA de infantil

 O alumnado de educación infantil tamén aprendeu, hai xa algunhas semanas coa árbore máxica. Preséntovos os seus traballos coa visión que eles e elas teñen da árbore.




domingo, 18 de outubro de 2020

O FORMIGUEIRO



 
Estes días aprendimos co conto do formigueiro que non debemos mentir ós demais. Debemos decir sempre a verdade, ás veces as mentiras poden facer dano ás persoas que queremos.

Tamén aprendemos que para que as cousas salgan ben é mellor se nos esforzamos e traballamos todas e todos xuntos como fan no formigueiro.







sábado, 10 de outubro de 2020

A ÁRBORE MÁXICA




 No colexio de O Pino os nenos e nenas de infantil e dos primeiros cursos de primaria descubrimos unha "Árbore máxica" moi especial. No seu interior agocha un grande segredo que ninguén pode ver e que so amosa a quen coñeza as palabras máxicas.




Velaí os debuxos que fixo o alumnado coa súa visión da árbore.

1º EP:



2º EP