domingo, 29 de novembro de 2020

NESTE ADVENTO FAI VENTO

Nesta época de pandemia que nos mantén coa xanela aberta imos "facer vento" con esta dínámica de Advento. 

Imos "renovar o aire" do noso interior e a ventilarnos ben para prepararnos a acoller a Xesús recortando cada domingo e pegando na xanela correspondente.

Mans á obra!




sábado, 28 de novembro de 2020

ESTAR EN VELA

 Debuxo para colorar o primeiro domingo de Advento (ciclo B). 

Podes ler o evanxeo NESTE ENLACE.





venres, 27 de novembro de 2020

OS PROFETAS

En 6º aprendimos que os profetas no Antigo Testamento foron persoas que recibiron unha chamada especial, que denunciaban as inxustizas o mesmo tempo que daban palabras de esperanza.

Aquí vos deixo algúns traballos que resumen o aprendido.






sábado, 21 de novembro de 2020

EXAME DE AMOR

 Debuxo para colorar o evanxeo do domingo de Cristo Rei (Mt 25, 31-46).

Podes lelo buscando a cita bíblica ou neste outro enlace premendo AQUÍ.




venres, 20 de novembro de 2020

O ÉXODO (Ernest Descals)

 

O alumnado de 4º contemplamos a obra O Éxodo pintada por Ernest Descals. 

Observamos o cadro para descubrir que escena do Éxodo representa. Fixámonos na cor que utiliza o autor e sobretodo fixámonos nas liñas que debuxan os personaxes, que son moi esquemáticas. Vemos que con poucos trazos o pintor é capaz de representar unha morea de figuras humanas.

Nós tamén intentamos representar unha escena debuxando figuras sinxelas. Aquí vos deixo dúas mostras do traballo realizado.





GRAZAS POLA NATUREZA

En 3º estamos agradecidos de que Deus creara este mundo tan bonito e nolo regalara para que o coidemos e vivamos felices.

Podemos disfrutar da natureza de moitas maneiras; unha delas é creando obras de arte con elementos naturais como fixo esta compañeira e que comparte aquí con nós para que tamén nos sirva de inspiración.


GRACIAS POR COMPARTIR ESTA OBRA DE ARTE 😘

DEUS QUERE A NOSA FELICIDADE

En 4º EP aprendimos que Deus sempre nos acompaña, nos quere e nunca nos  deixa sós. 
Deus quere a nosa felicidade como amosa este debuxo dunha compañeira que é un bonito resume do aprendido na unidade.



A ÁRBORE MÁXICA de infantil

 O alumnado de educación infantil tamén aprendeu, hai xa algunhas semanas coa árbore máxica. Preséntovos os seus traballos coa visión que eles e elas teñen da árbore.




sábado, 14 de novembro de 2020

SEMENTA

Debuxo para colorar sobre o evanxeo (parábola dos talentos).

Para coñecer o texto podes buscalo en Mt 25, 14-30 ou leelo premendo NESTE ENLACE. 







venres, 6 de novembro de 2020

KIRIKÚ E A BRUXA

 O alumnado de 1º e 2º estivo vendo a película "Kirikú e a bruxa", un filme de animación dirixido por Michel Ocelot, e banda sonora de Youssou N´Dour. 
Destaca a plástica das imaxes, inspiradas na arte africana e na pintura naif europea.

   

A continuación vemos unha escena da película. Corresponde ó momento que Kirikú entra no "Gran Termitero" e se atopa, por fin, co seu avó.




domingo, 18 de outubro de 2020

O FORMIGUEIRO



 
Estes días aprendimos co conto do formigueiro que non debemos mentir ós demais. Debemos decir sempre a verdade, ás veces as mentiras poden facer dano ás persoas que queremos.

Tamén aprendemos que para que as cousas salgan ben é mellor se nos esforzamos e traballamos todas e todos xuntos como fan no formigueiro.







sábado, 10 de outubro de 2020

VALORÁMONOS

A ÁRBORE MÁXICA




 No colexio de O Pino os nenos e nenas de infantil e dos primeiros cursos de primaria descubrimos unha "Árbore máxica" moi especial. No seu interior agocha un grande segredo que ninguén pode ver e que so amosa a quen coñeza as palabras máxicas.




Velaí os debuxos que fixo o alumnado coa súa visión da árbore.

1º EP:



2º EP



xoves, 1 de outubro de 2020

BENVIDOS AO COLE

 Benvidos ó cole nenos e nenas.

Outro ano máis estaremos xuntos nesta nosa andaina pola clase de reli n´O Pino. 



luns, 8 de xuño de 2020

UN MESMO DEUS

Fíxate no debuxo de Fano sobre a Trinidade. 

Identifica a cada un dos personaxes. Con que os compara? 

O xeo tamén é auga? O vapor tamén é auga?






venres, 22 de maio de 2020

SUBE Ó CEO

Debuxo para colorar.
Sube ó ceo e nunca nos deixa sós.

Fíxate ben no debuxo antes de darlle cor e interpretao. Fíxate nas cores e na posición de cada figura.
Axúdate destas preguntas:
Onde está Xesús? Que ten na mán? A que está unido? A quen pensas que lle fala?
Que hai na parte baixa do debuxo? Por que hai un corazón? Que pensas que representa esa igrexa?
Que figura hai unindo o de "arriba" e o de "abaixo"? De que é símbolo a pomba?
 




luns, 4 de maio de 2020

DEBUXOS PARÁBOLA PAI BO

Debuxos para imprimir e colorar da parábola do Pai bo.





COLORAR O PAI BO

Debuxo para infantil para colorar a parábola do Pai bo.





SAÚDO E PARÁBOLA

Ola nenos e nenas, que tal estades?
Eu teño moitas gañas de vervos. Seguro que podemos facelo axiña entretanto disfrutade desta parábola.


A PROMESA DO ESPÍRITO (2)

Outro debuxo para colorar e ponerlle os nomes a cada personaxe.



A PROMESA DO ESPÍRITO

Especial para o alumnado de 3º EP.
Fixádevos ben no debuxo, vos acordades que representa? Quen son os personaxes que aparecen?
Como chamamos os católicos a este misterio? (se non te acordas investiga na páxina 80 do libro).

Pista: S_ _ _ _ _ _ _ A  T_ _ _ _ _ _ _ E

Se queres podes imprimilo e darlle cor.


mércores, 29 de abril de 2020

GRACIAS POLAS MANS

CANCIÓN INFANTIL.
Hoxe quero compartir con vós unha canción que cantamos moito en infantil.
Damos as grazas polas mans porque con elas podemos dar caricias e apertas e , sobretodo, podemos axudar.
Coas nosas mans facemos cousas boas.


luns, 27 de abril de 2020

DEBUXA A XESÚS DE NAZARET

Queres facer un debuxo de Xesús e non sabes como? Aqui tes tres exemplos ben doados de facer.
Elixe o que máis che goste e... ánimo artista!


domingo, 26 de abril de 2020

venres, 24 de abril de 2020

O MILAGRE DE COMPARTIR

Imprime e dalle color o debuxo do milagre dos pans e os peixes.

Podes colorar como a ti máis che guste.



A GRAN COMIDA.

Le como Xesús deu de comer a unha grande multitude de xente. Sabes por qué?
Porque fixo o milagre de COMPARTIR.







Fonte do texto: A túa primeira Biblia. Ed Rodeira.

domingo, 19 de abril de 2020

ENCONTRO NO CAMIÑO DE EMAÚS

O domingo, dous discípulos de Xesús dirixíanse a unha aldea chamada Emaús, que estaba a once quilómetros de Xerusalén. Ían falando polo camiño, cando se acercou un viaxeiro a camiñar con eles.


APARICIÓN A TOMÉ

Evanxeo do domingo 2º de Pascoa, ciclo A.
Debuxo para colorar da aparición de Xesús ós discípulos (Xn 20, 19,31).