domingo, 29 de novembro de 2020

NESTE ADVENTO FAI VENTO

Nesta época de pandemia que nos mantén coa xanela aberta imos "facer vento" con esta dínámica de Advento. 

Imos "renovar o aire" do noso interior e a ventilarnos ben para prepararnos a acoller a Xesús recortando cada domingo e pegando na xanela correspondente.

Mans á obra!




sábado, 28 de novembro de 2020

ESTAR EN VELA

 Debuxo para colorar o primeiro domingo de Advento (ciclo B). 

Podes ler o evanxeo NESTE ENLACE.





venres, 27 de novembro de 2020

OS PROFETAS

En 6º aprendimos que os profetas no Antigo Testamento foron persoas que recibiron unha chamada especial, que denunciaban as inxustizas o mesmo tempo que daban palabras de esperanza.

Aquí vos deixo algúns traballos que resumen o aprendido.






sábado, 21 de novembro de 2020

EXAME DE AMOR

 Debuxo para colorar o evanxeo do domingo de Cristo Rei (Mt 25, 31-46).

Podes lelo buscando a cita bíblica ou neste outro enlace premendo AQUÍ.




venres, 20 de novembro de 2020

O ÉXODO (Ernest Descals)

 

O alumnado de 4º contemplamos a obra O Éxodo pintada por Ernest Descals. 

Observamos o cadro para descubrir que escena do Éxodo representa. Fixámonos na cor que utiliza o autor e sobretodo fixámonos nas liñas que debuxan os personaxes, que son moi esquemáticas. Vemos que con poucos trazos o pintor é capaz de representar unha morea de figuras humanas.

Nós tamén intentamos representar unha escena debuxando figuras sinxelas. Aquí vos deixo dúas mostras do traballo realizado.





GRAZAS POLA NATUREZA

En 3º estamos agradecidos de que Deus creara este mundo tan bonito e nolo regalara para que o coidemos e vivamos felices.

Podemos disfrutar da natureza de moitas maneiras; unha delas é creando obras de arte con elementos naturais como fixo esta compañeira e que comparte aquí con nós para que tamén nos sirva de inspiración.


GRACIAS POR COMPARTIR ESTA OBRA DE ARTE 😘

DEUS QUERE A NOSA FELICIDADE

En 4º EP aprendimos que Deus sempre nos acompaña, nos quere e nunca nos  deixa sós. 
Deus quere a nosa felicidade como amosa este debuxo dunha compañeira que é un bonito resume do aprendido na unidade.



A ÁRBORE MÁXICA de infantil

 O alumnado de educación infantil tamén aprendeu, hai xa algunhas semanas coa árbore máxica. Preséntovos os seus traballos coa visión que eles e elas teñen da árbore.




sábado, 14 de novembro de 2020

SEMENTA

Debuxo para colorar sobre o evanxeo (parábola dos talentos).

Para coñecer o texto podes buscalo en Mt 25, 14-30 ou leelo premendo NESTE ENLACE. 







venres, 6 de novembro de 2020

KIRIKÚ E A BRUXA

 O alumnado de 1º e 2º estivo vendo a película "Kirikú e a bruxa", un filme de animación dirixido por Michel Ocelot, e banda sonora de Youssou N´Dour. 
Destaca a plástica das imaxes, inspiradas na arte africana e na pintura naif europea.

   

A continuación vemos unha escena da película. Corresponde ó momento que Kirikú entra no "Gran Termitero" e se atopa, por fin, co seu avó.