venres, 3 de abril de 2020

HISTORIA DA SEMANA SANTA

Neste video imos coñecer a última semana de Xesús na terra, que é o que recordamos na Semana Santa.


luns, 30 de marzo de 2020

A ARCA DE NOÉ

Neste video podedes ver a historia de Noé, que tivo que quedar na arca sen poder saír. Sabedes canto tempo? Corenta días? Non, non.
Corenta foron os días e as noites que durou o diluvio. 


martes, 24 de marzo de 2020

luns, 23 de marzo de 2020

AMABILIDADE CONTAXIOSA

Un pequeno xesto de amabilidade de cada un de nós convírtese nunha cadea capaz de cambiar o mundo e facer del un lugar mellor para vivir. 


DANIEL E AS PALABRAS MÁXICAS

Este conto apréndenos a importancia da amabilidade para ter boas relacións cos demais e ser máis felices.



domingo, 22 de marzo de 2020

A PONTE

Catro animais queren cruzar a ponte pero ...



SER AMABLE



Os cristiáns seguimos o exemplo de Xesús. Nas súas ensinanzas aprendemos, por exemplo, como comportarnos cos demais. 

A amabilidade contribúe ó benestar propio e alleo e fainos sentir queridos e queridas.

Ser amable é:
  • SAUDAR as persoas coas que me encontro.
  • MIRAR AOS OLLOS cando nos dicimos algo.
  • ESCOITAR cando me falan.
  • AXUDAR a quen o necesita.

Acceder á proposta de actividades neste enlace